O embaixador de Palestina visitará Rianxo

RIANXO> O embaixador de Palestina visitará o concello de Rianxo en sinal de agradecemento pola moción de solidariedade aprobada pola corporación municipal. As autoridades locais ofreceranlle unha recepción mañá ás cinco da tarde. Musa Maer Odeh, embaixador de Palestina en España, desprazarase mañá ata o concello de Rianxo. Esta visita institucional pretende ser un sinal de gratitude ante a moción aprobada en maio pola corporación rianxeira en solidariedade co pobo palestino e condenando a represión exercida por Israel. A partir das cinco da tarde, a corporación brindaralle ó embaixador unha recepción oficial aberta á veciñanza para que poidan coñecer de primeira man como está a situación do pobo palestino. Cómpre lembrar que a aprobación da declaración de apoio custoulle ó concello de Rianxo unha denuncia por promover un boicot ós produtos isralíes. Denuncia que continúa o seu procedemento.