Nove usuarios de AMICOS rematan con éxito o curso de bedel

RIBEIRA> Unha decena de alumnos participaron no curso de operacións básicas de recepcionista impartido ó longo desta semana nas aulas de Servizos Sociais de Ribeira. Esta iniciativa forma parte do Programa ‘Máis Emprego’ froito da colaboración de La Caixa, a asociación AMICOS e o concello de Ribeira.

Xa no mes de xullo, a asociación AMICOS puxo en marcha un plan de formación en colaboración co concello de Ribeira e financiado pola Fundación LA caixa para favorecer a empregabilidade de persoas con diversidade funcional ou pertencentes a colectivos vulnerables. Esta semana desenvolveuse o curso de operacións báiscas de recepcionista e bedel que concluíron con éxito nove alumnos.

Finalizada a formación, ábrese unha nova etapa para alumnos que como Antonio vén nesta iniciativa o primeiro paso cara a inserción laboral.

Precisamente, co fin de promover a súa incorporación ó mercado de traballo o concello de Ribeira ten en marcha un programa en colaboración con diversas asociacións para a contratación de persoas con diversidade funcional.

En definitiva. Unha suma de esforzos para favorecer a igualdade de oportunidades entre tódalas persoas.