Mulleres que mudan o mundo falan da súa loita

PONTEVEDRA> Ita Xocol e Juventina López, lideresas comunitarias en Guatemala, percorrerán a provincia de Pontevedra para falar do seu activismo en defensa dos dereitos das mulleres e da recuperación do territorio, no marco do proxecto “Mulleres que mudan o mundo”. Esta mañá participaron na clausura da exposición “Tecedoras do cambio”, outra das actividades do programa.

Ita Xocol e Juventina López representan a aquelas mulleres que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia. As lideresas guatemaltecas falarán da súa experiencia  como activistas  nun ciclo de charlas organizado dentro do programa “Mulleres que mudan o mundo”.

As conferencias, abertas ó público, terán lugar en Pontevedra, Vigo, Bueu, Caldas de Reis e O Grove ata o vindeiro 28 de novembro.

Esta mañá participaron na clausura da exposición fotográfica “Tecedoras do cambio”, unha mostra de 23 retratos de mulleres imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades.

No acto, lembraron que é necesaria a loita contra a discriminación e a violencia que afecta ás mulleres en todo o mundo, e reivindicaron o papel feminino no proceso de cambio cara á unha sociedade igualitaria.

Agradeceron a cooperación internacional, que fortalece o seu traballo reivindicativo.

As dúas lideresas tamén participarán en actividades en centros educativos de secundaria da provincia, co obxectivo de achegar ó alumnado galego a realidade dos seus países e das súas comunidades a a importancia de participar e implicarse nas problemáticas que afectan ós nosos barrios e vilas.