O BNG leva ao Parlamento as deficiencias no transporte público en Muros-Noia

NOIA> O BNG levará ó Parlamento Galego os problemas do transporte público nas comarcas de Muros e Noia. A través dunha proposición non de lei a deputada, Rosana Pérez, reclámalle á Xunta a mellora do transporte colectivo nesta área.

Acompañada de varios voceiros da formación en concellos da zona, a deputada Rosana Pérez aludiu ós problemas que presenta o transporte colectivo nesta área. Segundo ela, no caso de Noia, a solicitude de tramitación para a adhesión á área metropolitana compostelá está aprobada dende o ano 2015, e que o propio Parlamento Galego acordou, unanimemente, no ano 2017, iniciar un estudo para incluír á localidade na área de transporte metropolitano de Santiago. Dende o BNG sinalan que este paso suporía un gran avance para os veciños desta comarca, non só en canto á mellora da oferta de servizos, senón tamén en custes.

Outra das eivas que pretende mellorar a proposta do BNG é a da actual desconexión desta zona coa comarca da Barbanza.