Barbanza incorpora os test rápidos nos vehículos e a toma de mostras a domicilio

BARBANZA> A área sanitaria de Santiago-Barbanza conta dende esta fin de semana cun servizo de toma de mostras dende o coche para a realización das probas do coronavirus. Instalouse un punto na rotonda de acceso ó hospital Gil Casares no que os pacientes con síntomas leves poden realizar o test sen baixar dos vehículos.

Este sistema vén reforzar o servizo de toma de mostras a domicilio dispoñible para as persoas con mobilidade reducida ou que non teñen posibilidade de desprazarse. Na comarca do Barbanza comezou a funcionar esta fin de semana e está operativo de luns a domingo en horario de mañá e tarde. Cada equipo está integrado por un enfermeiro e un auxiliar.

Ata o momento, dos preto de douscentos positivos de toda a área sanitaria tan só dous están ingresados no hospital do Barbanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí