O GDR Salnés-Ulla-Umia prepárase para optar ás novas axudas LEADER 2023-2027

CAMBADOS>  O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés, Ulla, Umia prepárase para a nova convocatoria de axudas LEADER. O novo programa terá unha vixencia 2023-2027 e, para optar a el, o GDR tivo que realizar varios cambios na súa estrutura. Entre eles, incrementar os membros da súa xunta directiva dende os 19 aos 21. Algo que conseguiron grazas á incorporación de dous asociacións: Arousa Moza e O Batuqueiro.

No 2023 ábrese un novo período do programa de axudas LEADER, e dende o Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés- Ulla-Umia queren estar preparados para esta convocatoria.

Onte en Cambados o GDR reuniu as mesas sectoriais cultural e de mozos. Un dos requisitos desta nova convocatoria é incrementar o número de membros da xunta directiva, dende os 19 aos 21. Algo que conseguiron grazas á incorporación de Arousa Moza e O Batuqueiro.

Tamén se uniu á directiva do GDR o concello de Portas, algo que se fixo oficial na mesa institucional celebrada onte. Cumprindo así o requisito de incorporar novos membros entre os municipios.

Para dar conta destes cambios, o Grupo de Desenvolvemento Rural celebrou a asemblea extraordinaria coa mirada posta na nova convocatoria LEADER 2023-2027. Estará dotada con máis fondos, cos que mellorar os datos conseguidos na anterior edición.

Nun futuro próximo o GDR reunirá todas as mesas sectoriais para recoller as súas ideas e iniciativas para a comarca. O resultado da posta en común será a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, coa que agardan conseguir a maior contía posible de fondos europeos.