Mar segue a negociar en Bruxelas unha mellora dos TAC para a flota galega

GALICIA> Continúa en Bruxelas a intensa negociación das cotas pesqueiras para 2019 no marco do Consello de Ministros Europeos de Pesca. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, asiste como representante das comunidades autónomas en materia pesqueira.

Tras dúas xornadas maratonianas de negociación, a representación das comunidades autónomas con Rosa Quinta á cabeza conseguiu unha mellora sobre a proposta inicial.

Aínda así, a representación española seguirá a traballar para seguir mellorando as posibilidades de pesca coa que contará a nosa flota no vindeiro exercicio.  Unha das cuestións fundamentais é a da pescada sur, da que xa se conseguiu pasar dunha redución do catorce ó oito por cento.

Á espera da novo proposta da Comisión , prevese que as negociacións continúen nas próximas horas polo que podería pecharse un acordo de madrugada.