RIBEIRA> Bo balance da campaña marisqueira en Ribeira. A suba da cotización da maior parte das especies durante o Nadal está a deixar importantes ingresos no pósito. Destacan a centola, o camarón e a ameixa.
Aínda que as condicións meteorolóxicas non acompañaron no arranque da campaña de Nadal, o recollido das autorizacións ribeirense permitiu ós mariscadores traballar con regularidade. Bo produto e mellores prezos están a ser a tónica dominante na confraría de Ribeira.
Por especies destaca a centola, a nécora ou o camarón, auténticas estrelas destas datas. Dende a confraría agardan que se manteñan as boas cotizacións ata Reis. A partir de aí, é habitual a baixada dos prezos en tódalas especies polo que xa estudan o peche temporal das concesións trala campaña de Nadal.











