Valentín González: ‘A posible moción de censura en Boiro sería unha irresponsabilidade’

BOIRO> Durante a súa visita a Boiro, o presidente da Deputación, que tamén é Secretario Provincial do Partido Socialista, referiuse tamén á actualidade política do municipio e a posibilidade dunha moción de censura que aparte a José Ramón Romero da alcaldía. Valentín García valorou moi positivamente a xestión de Martiño e do seu equipo á fronte do Concello, polo que, segundo el, non hai xustificación algunha para esa posible moción de censura.

Pola súa banda, o alcalde negou que existira inactividade na xestión por parte do equipo de goberno, tal e como afirman dende a oposición. Romero pediu respecto e que lles deixen traballar polos intereses dos veciños do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí