Buscan a un menor desaparecido en Pontevedra en Fin de Ano

PONTEVEDRA> Continúa en paradoiro descoñecido o rapaz de 17 anos desaparecido o pasado 31 de decembro. A familia de Francisco López Rodríguez intenta localizalo dende a noite de fin de ano, na que se escapou do centro de menores “Avelino Montero” no que está internado dende hai pouco máis dun ano.

Francisco López Rodríguez, de 17 anos de idade, falta dende o 31 de decembro do centro de menores “Avelino Montero”, onde leva internado un ano e un mes, e dende onde denunciaron a súa desaparición.

Nun primeiro momento foi visto en Monte Porreiro. Ata alí tamén se achegou na súa busca a familia, que conseguiu nos primeiros días contactar con el por redes sociais. María pediulle que volvera ó centro, no que debe permanecer ata a celebración dos xuízos pendentes, e dende entón non sabe nada del.

A familia fai un chamamento para que lles axuden a localizar a Francisco. Pídenlle ó rapaz que se poña en contacto con eles.