Colas de ata tres horas para realizar a PCR sen cita no Barbanza

RIBEIRA> Colas de ata tres horas no hospital do Barbanza para facer a PCR gratuíta e sen cita. Dende o pasado martes, cando o Sergas implantou este servizo  na consulta 10 do centro hospitalario, a afluencia de xente foi tal que a ringleira de pacientes que agardan pola proba dá a volta a todo o edificio.

A situación é similar no Clínico de Santiago onde tamén se realiza a proba sen necesidade de petición previa. As cifras evidencian esta situación posto que nas dúas primeira xornadas de funcionamento, realizáronse nos dous centros preto de 3500 PCR. Á espera dos resultados de onte, na xornada do martes detectáronse máis dun cento de positivos: 39 no barbanza e 77 en Santiago.

Ante a gran afluencia de pacientes, a área santitaria habilitou novos puntos de toma de mostras no aeroporto de na estación de tren de Santiago así como no auditorio Vidal Bolaño do Campus Universitario.