Os mariscadores de Noia retoman a campana con rebaixa nos topes

NOIA> Os mariscadores de Noia volveron ó traballo tras un mes de paro. Fixérono cunha rebaixa nos topes o que lles permitiu completar os cupos, máis facilmente no que respecta a ameixa xapónica e con maiores dificultades para apañar berberecho.

En función das cotizacións das próximas xornadas, o cabildo decidirá se manter ou aumentar os cupos co obxectivo de seguir garantindo o volume de traballo e de ingresos ata finais de marzo cando se prevé rematar a campaña.

Polo momento, a confraría leva xa facturados máis de quince millóns e medio de euros o que sitúa a esta campaña como, se non a mellor, entre as melloras da historia do pósito.