Galicia foi a comunidade que máis creceu no sector turismo en 2018

PONTEVEDRA > O Conselleiro de Cultura fixo balance dos datos obtidos en turismo no ano 2018. Galicia foi a comunidade que máis creceu neste sector e Pontevedra é unha das provincias con maior potencial turístico. Datos moi positivos que fan que a nosa comunidade sexa un destino cada vez máis competitivo e de maior calidade.

Galicia rexistrou no ano 2018 preto de 5 millóns de visitantes. O segundo mellor dato obtido na historia en canto a número de turistas. Ademais, Román Rodríguez destacou que Galicia é a comunidade onde máis medrou a estadía media. Este incremento permitiu que no sector hoteleiro se conseguisen uns ingresos de 295 millóns de euros.

O conselleiro destacou tamén o dato da desestacionalización. No ano 2018, o 60% dos turistas chegaron a nosa comunidade fóra dos meses de verán, o que permitiu “estabilizar” o empleo.

O dato máis significativo, a creación de emprego.

Na análise territorial, Pontevedra é a provincia que máis demanda recibe ao longo do ano. Ademais, de todos as persoas que visitaron Galicia o ano pasado, 1.4 millóns foron turistas internos, é dicir, cidadáns doutros municipios galegos, e 1.3 millóns chegaron a nosa comunidade dende máis de 180 países estranxeiros.

En definitiva, a Xunta de Galicia fixo un balance moi positivo tras acadar, no ano 2018, o máximo histórico de turistas cun aumento do 68% no último lustro.