Boiro destina parte do POS social a afrontar a suba dos carburantes

BOIRO> O concello de Boiro disporá de 111mil euros no marco do POS Social da Deputación da Coruña. O executivo local propón destinar boa parte dos fondos a paliar os efectos da suba dos carburantes e ó reforzo das axudas ás familias vulnerables.

Os 111 mil euros destinados a Boiro no marco do POS Social da Deputación permitirán incrementar o gasto extraordinario e a tramitación urxente de prestacións sociais para persoas vulnerables. O executivo propón destinar unha partida de 20 mil euros ó reforzo do persoal técnico de servizos sociais e outro tanto ó programa de respiro familiar.

Incrementarase en 6  mil euros a parida de emerxencia social e destinaranse preto de 11 mil á adquisición de camas articuladas e equipamento asistencial, que se cederán para o seu uso por parte das familias que as precisen.

O resto do POS Social destinarase a contribuír ós gastos enerxéticos das familias vulnerables e ó desenvolvemento dos programas de Servizos Sociais.