Política Social estudará o financiamento de prazas públicas no centro de día de Rianxo

RIANXO> A Consellería de Política Social comprometeuse a estudar o financiamento de prazas públicas no futuro centro de día e no centro de alzheimer de Rianxo. Así llo trasladou a Conselleira, Fabiola García, nunha recente xuntanza co alcalde, Adolfo Muíños.

Fabiola García ratificou o compromiso de Política Social con Rianxo. Na xuntanza mantida co alcalde, a Conselleira comprometeuse a estudar o apoio a través de prestacións públicas ós futuro centro de día. O mesmo para o módulo de atención a pacientes de Alzhéimer que prevé habilitar o concello nas antigas vivendas dos mestres.

O alcalde aproveitou a xuntanza para demandar o incremento de horas para o servizo de axuda no fogar. A Xunta ten reforzado no último ano este no fogar cun incremento das horas en case un cincuenta por cento. Na actualidade, contan con trinta e sete mil cincocentas horas anuais dedicadas a este servizo.