O Partido Popular denuncia o abandono do Pazo Besada

PONTEVEDRA > O Partido Popular de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada e á parroquia de San Salvador. Despois de que o Concello anunciase, fai un ano que traballarían en mellorar este inmoble, o voceiro do PP asegura que non se produxo ningún avance nesta zona.

O Partido Popular de Poio esixe a autorización do Concello para entrar no Pazo Besada e comprobar cal é o seu estado. O partido presentou dous escritos nos que solicitaba o acceso ao recinto, pero de momento, non recibiron ningunha resposta por parte do goberno local.

O voceiro do PP asegura que o goberno local anunciou que traballaría neste inmoble fai un ano, pero sen embargo, o Pazo Besada continúa abandonado. Unha situación, segundo Ángel Moldes, que demostra o desamparo por parte do Concello a toda a parroquia de San Salvador.

O Partido Popular propón facer unha zona de ocio para os nenos e utilizar as instalacións do Pazo para diversas actividades que fomenten a zona.

Ángel Moldes pide ós veciños que se mobilicen para que, entre todos, o Pazo Besada volva a ser un espazo de referencia na parroquia de San Salvador.