CAMBADOS> Estamos xa en plena campaña de poda nos viñedos de Rías Baixas. A chuvia destas últimas semanas retrasou o inicio destes traballos pero a relativa tregua meteorolóxica destes días fixo que os viticultores se puxesen mans á obra.
Esta é unha imaxe que se repite estes días por practicamente tódolos viñedos do Salnés. As tarefas de poda marcan estes días a actividade dos viticultores, aproveitando a tregua meteorolóxica.
Os traballos de poda permiten tamén actuar naquelas cepas que, durante o verán, foron consideradas enfermas.
Ademais, cun outono tan chuvioso os viñedos enfróntanse a outros problemas, como os fugos que detectamos neste viñedo situado en Cambados.
Neste caso, recoméndase arranca-lo fungo e deixar aberto o burato que queda logo da súa eliminación, xa que o contacto co osíxeno favorece a súa eliminación.











