PONTEVEDRA> O folga do estudantado galego convocada pola organización Erguer tivo o seu eco na cidade de Pontevedra. Ao mediodía e baixo a chuvia, un grupo de mozos e mozas concentrábase para reclamar o seu dereito á vivenda. Aseguran que a situación é insostible. Segundo os convocantes, nos centros públicos pontevedreses o seguimento da folga roldou o 80%.
A situación da vivenda e as dificultades para acceder a ela botaron hoxe á rúa ao estudantado galego. Convocados pola organización Erguer, secundaron unha folga para reclamar que se tomen medidas que freen unha problemática que, aseguran, é insostible.
A folga foi convocada en toda Galicia. Segundo os convocantes, nos centros públicos da cidade de Pontevedra o seguimento acadou o 80%. Ademais, un grupo de estudantes concentrouse ás 12 do mediodía na praza da Peregrina.
A creación dunha bolsa de vivenda pública con alugueiros a prezos populares para o estudantado, a regulación dos prezos do aluguer para frear os abusos e o aumento de prazas en residencias públicas estudantís, son algunhas das demandas do colectivo.
Dende Erguer reivindican, ademais, a importancia da autoorganización do estudantado para loitar polos seus dereitos.











