Detidos dous ribeirenses por un presunto delito de tráfico de drogas

RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira detivo a dúas persoas coma presuntas autoras dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas. A detención realizouse  no marco de diferentes operativos establecidos dende a comisaría ribeirense para a prevención do tráfico e consumo de estupefacientes na vía pública.

Ó primeiro deles sorprendérono mentres realizaba unha venda de droga a un consumidor habitual. No cacheo realizado os axentes atopáronlle nove pequenas bolsas de cocaína. Ó outro dos detidos atopáronlle dentro dun frasco un total de 24 pequenos envoltorios con cocaína e heroína preparados para a súa venda, así como 400 euros en billetes de diverso valor.

Unha vez practicadas as correspondentes dilixencias policiais foron postos a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 3 en funcións de garda.