RIBEIRA> O alcalde de Ribeira saíu ó paso da polémica xerada tralo abandono do pleno dos edís populares e posteriores acusacións sobre fallas de respecto. Luís Pérez Barral fai un chamamento á oposición para rebaixar o clima de crispación política en beneficio de tódolos ribeirenses.
O alcalde de Ribeira non ocultaba a súa sorpresa ante a reacción dos populares de abandonar o pleno aludindo a faltas de respecto cando, din, son os grupos que conforman o executivo os que levan varias sesións soportando improperios e ataques persoas contra os seus membros.
Pérez Barral saíu ó paso tamén das acusacións de excluír ós edís populares dos actos públicos e comunicacións oficiais do concello.
Tras este episodio, o rexedor municipal pide ó grupo popular que rebaixe a crispación e sinal de respecto á pluralidade política do concello.