RIANXO> Neste caso o acordo irá destinado ó financiamento dun programa de reforzo escolar a menores de familias en situación de vulnerabilidade.
O alcalde, Adolfo Muíños, e a directora da oficina de Caixabank na localidade, Reyes Hermida, asinaban esta mañá o novo convenio que posibilitará a posta en marcha dun programa de reforzo escolar para menores de familias en situación de vulnerabilidade.
Os servizos sociais municipais serán os encargados de desenvolver agora este programa para o que a entidade bancaria realizará unha achega duns dous mil euros.