Meis consulta con Patrimonio as medidas para protexer os petróglifos de Outeiro do Cribo

MEIS> Meis remite un informe a Patrimonio sobre a situación dos petróglifos de Outeiro do Cribo. O concello quere tomar medidas para protexer este enclave, que hai uns días sufriu un ataque cando alguén pintou os trazos con algo que semella ser xices de cores. A intención do goberno local é tamén mellorar a accesibilidade á zona.

Hai uns días os que visitaron a zona dos petróglifos de Outeiro do Cribo, na parroquia meisina de Santa María de Armenteira, atopáronse cunha desagradable sorpresa. Alguén decidira pintar os trazos co que parecen xices de cores.

Ante esta situación, o concello está decidio actuar para protexer o seu patrimonio aqueolóxico. Xa están a redactar un informe para enviar a Patrimonio e coñecer que medidas poden tomar para protexer a zona.

Outro dos obxectivos do concello é mellorar o acceso ao entorno. Algo que contribuiría a poñelos en valor e dalos a coñecer entre a veciñanza.

Os petróglifos de Outeiro do Cribo son dos máis relevantes do Salnés e están incluídos no catálogo municipal. Entre os seus elementos hai un labirinto, un motivo difícil de atopar nestes restos arqueolóxicos en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí