O PP de Pontevedra presenta unha emenda á totalidade dos presupostos do BNG e do PSOE

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra anunciou hoxe o seu rexeitamento aos orzamentos de 2021. Os populares presentaron unha emenda á totalidade dos presupostos do BNG e do PSOE. O presidente do partido, Rafa Domínguez, criticou a falta de medidas adoptadas polo goberno local para paliar as consecuencias da Covid.

O PP de Pontevedra non apoiará os presupostos de 2021, así o anunciou hoxe Rafa Domínguez. Os populares presentaron hoxe unha emenda á totalidade a estes orzamentos do BNG e do PSOE.

O voceiro popular criticou que o goberno local rexeitase todas as propostas presentadas polo seu partido. Ademais, Rafa Domínguez asegurou que un dos motivos polos que o PP decidiu presentar unha emenda á totalidade é pola falta de axudas a autónomos, comercio local e hostalería que se recollen en ditos orzamentos.

Outro dos asuntos criticados hoxe polo PP ten que ver cos servizos sociais. Un gasto que só aumenta un 2% con respecto aos presupostos anteriores.

Por último, os presupostos do BNG e do PSOE non recollen a exención de taxas e impostos. Unha das demandas máis repetidas nos últimos meses polos hostaleiros da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí