RIANXO> Os socialistas piden á Xunta que realice os estudos científicos necesarios para determinar as causas da caída da produtividade na ría de Arousa e esixen axudas compensatorias para os mariscadores.
O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, mantivo un encontro co patrón maior da confraría de Rianxo para coñecer de primeira man as necesidades do sector ante a baixa da produción marisqueira . Esixen á Xunta que poña a disposición do sector extractivo tódolos recursos científicos para coñecer as causas desta perda da produtividade que está a ter graves consecuencias dunha actividade da que depende o 62 por cento da poboación arousá.
Mentres tanto demandan que se habiliten axudas para paliar as perdas que debe afronta o sector non só para os mariscadores a flote senón tamén a pé.
González Formoso referiuse tamén á baixada de permex derivada desta situación con tan só 4 mil permisos expedidos na actualidade fronte ós 6500 que había en 2009 e os 8 mil que prometeu o Partido Popular cando Feijoo era presidente da Xunta.