Meaño Independiente ofrece a alcaldía de Meaño ao Psoe a través dunha moción de censura a Viétez

MEAÑO> Meaño Independite ofrece a alcaldía da vila ao Partido Socialista. A formación de Aspérez propón unha moción de censura para acabar co goberno de Carlos Viétez. O Independentes cederían o mandato aos socialista cos que segundo advirten, teñen un programa máis similar.

A posibilidade dunha moción de censura sobrevoa a vila de Meaño. A formación dos Independientes, que encabezan a oposición, mostran seu total rexeitamento as política que está levando a cabo o goberno de Carlos Viétez. O equipo de Aspérez mostra o seu rexeitamento aos novos orzamentos municipais.

Dende Meaño Independiente ofrecen a posibilidade ao PSOE de facerse coa alcaldía a través dunha moción de censura. A formación de Aspérez daría o seu apoio aos socialistas a cambio de nada. O único obxectivo de mudar a situación do concello.

Os independientes non entenden o continuo apoio dos socialistas ás medidas do Partido Popular. Advirten que a súas propostas son continuamente rexeitadas.

Canal Rías Baixas tentou coñecer a opinión do partido socialistas pero a formación rexeitou realizar ningún tipo de declaración. Dende Meaño Independiente agardan a resposta do partido socialistas para coñecer se están a favor da moción de censura ou se van seguir mantendo o seu apoio a Viétez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí