Inmaculate Fools será o prato forte na segunda edición do Albariño no Camiño

CAMBADOS> Música, albariño e camiño de Santiago volverán a unirse nunha nova edición do festival Albariño no Camiño. O evento cultural contará con numerosos artistas, catas de viños, actividades para os máis pequenos, exposicións e roteiros. Entre os cantantes destacan Budiño e Inmaculate Fools.

Ante o éxito na edición da súa estrea, o concello de Cambados en colaboración co Xacobeo lanzan unha nova edición do festival Albariño no Camiño. Un evento que mestura música, albariño e camiño de Santiago para poñer en valor a través da cultura a importancia para cambados das rutas xacobeas.

Dende o concello queren resaltar as diferencias entre a festa do albariño e o Albariño do Camiño. Un evento máis enfocado á cultura.

O festival terá lugar do 1 ao 3 de xullo e a súa oferta é moi ampla, como explicou Tino Cordal, inclúe catas, charlas, coloquios, exposicións, música, andainas e tamén actividades para os máis pequenos. No apartado musical actuarán o primeiro día artistas como Señora Dj, Terbutalina e Origa. O sábado 2 será o día forte.

O terceiro día será aquenda de músicos da talla de Caamaño Ameixeiras e Sheila Patricia. Predominando en todo o evento os músicos galegos. As actuacións e as actividades terán lugar no parque do Pazo de Torrado e a entrada é gratuíta, aínda que para participar nas catas é necesaria inscrición previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí