Tania García: ‘Á oposición interésalle que nos saían mal as cousas e que non haxa centro de saúde’

VILAGARCÍA>  Antes da comparecencia conxunta da oposición era o goberno local de Vilagarcía o que se pronunciaba sobre todo este asunto. O executivo acusa ó resto de partidos de preferir que as cousas saían mal antes de que haxa un novo centro de saúde en Vilagarcía. Sobre a polémica do informe policial sobre a accesibilidade na zona onde se vai construir ese ambulatorio, a tenente de alcalde Tanía García recoñece que se equivocou ao asegurar que si se lle enviara ao Sergas. Di que foi un erro, pero advirte que non mentiu.

A oposición saíu á palestra esta tarde, pero a resposta do goberno local de Vilagarcía xa se producía esta mañá. A tenente de alcalde, Tania García, era a encargada de lamenta-la actitude dos grupos da oposición en todaT a polémica que xurdiu co emprezamento do centro de saúde.

E no centro do furacán o famoso informe policial sobre a accesibilidade da parcela da antiga comandancia. Foi a propia Tania García a que asegurou que ese documento xa estaba en mans do Sergas, algo que negan dende o Servizo Galego de Saúde. Hoxe a socialista asegurou que a orde estaba dada e que ela pensaba que xa fora executada.

E defende que o informe non observa problemas de tráfico para o ambulatorio na Mariña. García argumenta que o problema do paso dos trens de mercadorías vai estar sempre presente, xa que atravesa a cidade.

Ademais, a tenente de alcalde salienta a boa sintonía entre concello, Xunta e Autoridade Portuaria para a creación do novo centro de saúde. Pon en entredito, en especial, o papel do PP local, que esta tarde escenificaba a súa unión nesta causa co resto de partidos da esquerda. A socialista amosábase sorprendida pola unión preguntando se os populares vilagarcían están do lado de Fajardo, voceiro de Vilagarcía en Común, ou de Comesaña, Conselleiro de Sanidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí