RIBEIRA> Este vídeo gravado cun móbil no momento da agresión foi clave á hora de poder identificar ó presunto agresor de Juan Manuel González.
A Policía Nacional fixo uso del para tratar de localizalo, coa axuda tamén da propia descrición realizada pola vítima, unha persoa ademais de xubilada cunha discapacidade do 60%.
Varios días despois da malleira, recupérase das feridas causadas, sen entender moi ben as razóns de tanta agresividade contra el, pois di, que tan só lle recriminou que recollesen o lixo que deixaran esparexido pola praia despois dun botellón.
Juan Manuel mostrouse agradecido pola axuda prestada por unha parella que se atopaba na praia paseando co seu can no momento da agresión.
Tamén agradece a labor da Policía Nacional que se personou rapidamente no lugar para prestarlle auxilio e tramitar a correspondente denuncia.