2ª edición da Mini BTT Concello de Ribadumia

RIBADUMIA> O Campo de Fútbol de Leiro acollerá a 2ª Mini – BTT Concello de Ribadumia. No campionato participarán máis de 400 ciclistas. O torneo terá lugar o sábado 11 de maio a partir das 5 da tarde.

Ante a demanda dos nenos de Ribadumia que querían practicar ciclismo o goberno local comezou a realizar diferentes actividades como a creación da escola BTT. Dentro destas actividades se organizou a Mini – BTT concello de Ribadumia que este ano celebra a súa segunda edición.

O concello resalta a importancia deste torneo: Motivar ós rapaces para que fagan deporte e unha oportunidade de promocionar a vila.

No torneo competirán máis de 400 ciclistas, co que se espera que máis de 1500 persoas asistan á cita.

Dende a Federación resaltaron a gran organización feita no campionato pasado. O club de ciclismo de Ribadumia espera repetir o éxito e anuncia algúns cambios.

O Campionato está divido en 10 categorías: 5 de homes e 5 de mulleres. Terá lugar o sábado 11 as 17 horas no Campo de Fútbol de Leiro.