O Club Financeiro presenta un informe sobre a situación socioeconómica do Barbanza

BOIRO> O estudo presentado este luns no centro social de Boiro pretende ser unha completa radiografía da realidade económica de toda a provincia da Coruña. O documento é froito da análise exhaustiva de 18 comarcas en cinco bloques: territorio e recursos naturais, poboación, mercado de traballo, estrutura produtiva e sector público.

Os indicadores económicos amosan unha boa evolución na comarca do Barbanza con respecto ó ano 202O0 , cando a pandemia provocou un baixón en termos de contratación e dinamismo empresarial.

Xunto a Maite Cancelo compoñen o equipo responsable deste estudo destacados economistas como David Rodríguez, Emilia Vázquez, María Bastida e Miguel Vázquez Taín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí