As adegas de Rías Baixas, decididas a aproveitar o ‘escaparate’ da Festa do Albariño

CAMBADOS> Hoxe é venres e cumpríronse tres días dende que as casetas das adegas do Paseo da Calzada comezaron a servir viño na Festa do Albariño de Cambados. Este ano promete ser unha edición histórica. Despois dunha inauguración de récord, os stands apuntan que son moitos os visitantes que xa pasaron a probar os prezados viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Aínda así, o prato forte será mañá, e as adegas agardan coas neveras ben cargadas.

Dende o mércores, este xesto é o máis repetido no Paseo da Calzada de Cambados. Hoxe cumpríronse tres días dende a apertura das casetas das adegas na Festa do Albariño deste ano. Todos coinciden en que o ritmo non para.

Para a Denominación de Orixe Rías Baixas a Festa do Albariño é unha cita ineludible. Ademais da súa vertente máis festeira, as adegas sinalan a súa compoñente profesional. A cita convértese nun perfecto escaparate.

Por iso ata os seus stands as adegas levan unha mostra das elaboracións nas que traballan durante o ano. Dende os seus buques insignia ata viños máis diferentes.

Todas estas elaboracións xa enchen as nevei ras dos stands. Hai grandes expectativas sobre a cantidade de xente que se pode achegar ata Cambados para gozar un ano máis da Festa do Albariño.

Ao atractivo dos viños hai que sumarlle as foodtrucks representando a gastronomía da vila e a ampla proposta de concertos e verbenas deseñada polo concello cambadés. Unha programación que converte a Cambados no sitio ao que si ou si hai que ir esta fin de semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí