POIO> Unha rapaza foi atropelada esta mañá en Poio. A nena, de 12 anos, cruzaba o paso de peóns da Avenida da Barca cando recibiu a colisión dun camión. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencia para liberar a moza que quedara atrapada debaixo do vehículo. Finalmente a vítima foi trasladada ao Hospital Provincial con prognóstico reservado.
Este é o lugar onde foi atropelada esta mañá unha rapaza de 12 anos. O suceso producíase sobre ás 8:30 horas cando a nena, que se dirixía ao colexio, cruzaba por este paso de peóns. Un camión de reparto investiuna e ela quedou atrapada nos baixos do vehículo.
Os veciños da zona aseguran que este non é o primeiro atropelo que se produce neste paso de peóns.
A rapaza atópase no Hospital Provincial con prognóstico reservado. Mentres, a Policía Local de Poio trata de esclarecer as circunstancias de este terrible suceso.