O IES Sánchez Cantón participará, con dous proxectos de ciencia e pseudociencia, na Maker Faire de Galicia

PONTEVEDRA> O Instituto Sánchez Cantón volverá a participar na feira de inventos máis importante da península. O alumnado deste centro acudirá a Maker Faire de Galicia con dous proxectos. Un sobre pseudociencia e outro sobre a xeración de sextantes. O evento, de gran prestixio internacional, levarase a cabo os días 6 e 7 de xullo na Cidade da Cultura.

O alumnado do Instituto Sánchez Cantón representará a Pontevedra na Maker Faire de Galicia con dous proxectos. O primeiro naceu para explicar a diferenza entre ciencia e pseudociencia. Neste traballo, os alumnos crearon unha orgonita, un obxecto que se presupón que transforma a enerxía negativa en positiva e que se vende no mercado como unha cura de enfermidades.

O segundo proxecto baseouse na xeración de sextantes. O obxectivo desta práctica era poder traballar con eles en clase.

Todo esforzo ten a súa recompensa e por iso, o alumnado do Instituto Sánchez Cantón, participará nunha das feiras de inventos máis importantes de Europa para explicar todo o aprendido.

Unha quincena de alumnos traballaron conxuntamente cos profesores para poder representar ao instituto na Maker Faire de Galicia. Un evento que se levará a cabo os días 6 e 7 de xullo na Cidade da Cultura e que esperan que sexa un gran oportunidade para eles.