A violencia de xénero supón un desembolso anual na provincia de 470 millóns de euros

PONTEVEDRA> A violencia de xénero supón un desembolso anual na provincia de Pontevedra de 470 millóns de euros. En Galicia, esta cifra increméntase ata os 1.600 millóns e, en España, ata os 23.000 millóns. Estes datos forman parte dun estudo encargado pola Delegación do Goberno para a Violencia e foron presentados esta mañá na cidade.

Un desenvolvemento anual de 470 millóns de euros, 1.058 casos activos e 67 mulleres con ordes de protección. Esas son as cifras que nos deixou a violencia de xénero na provincia de Pontevedra no ano 2016. No territorio galego, o custe é aínda maior. 1.650 millóns de euros invertidos, e 23.000 millóns no conxunto español. Uns datos que foron froito dun estudo encargado pola Delegación do Goberno para a Violencia e que demostran a importancia de seguir traballando neste eido.

A subdelegada do goberno aproveitou o acto para recordar que as denuncias por violencia de xénero seguen aumentando en toda a provincia.

Este estudo apórtanos un dato paralelo ao emitido pola Unión Europea no ano 2012 e é que a violencia de xénero ocasiona en España un custe similar ao 0,8 do Produto Interior Bruto.