PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra prepárase tamén para levar a cidade á Feira Internacional de Turismo. O lema deste ano: Flúe, my friend, nunha clara referencia á expresión popularizada polo actor Bruce Lee ‘Be water, my friend’. O potencial pontevedrés no turismo sustentable é o eixo da campaña.
Algunha vez imaxinaron a Bruce Lee percorrendo a cidade de Pontevedra?
É o que nos propón o novo vídeo promocional da concellería de Turismo de Pontevedra.
Seu lema: ‘Flúe, my friend’, inspirado claramente na expresión popularizada polo actor ‘Be water, my friend’ e que fai referencia á estratexia municipal ‘Pontevedra Flúe’.
O potencial pontevedrés no eido do turismo sustentable é o eixo vertebrador da campaña. Promocionando tanto os espazos naturais da cidade como a súa gastronomía.
A campaña presentarase o vindeiro xoves 19 ao mediodía no pavillón que Galicia terá nesta Feira Internacional de Turismo de Madrid.