Congalsa, distinguida co Premio de Sostibilidade Empresarial de Galicia

A POBRA> Congalsa foi distinguida co premio de sostibilidade empresarial de Galicia que outorga a Xunta. Estes galardóns recoñecen as boas prácticas en materia laboral, ambiental e social así como a aposta pola conciliación.

A firma pobrense Congalsa resultou galardonada na cuarta edición dos Premios de Sostibilidade Empresarial de Galicia, na categoría de gran empresa.

A directora de Relacións externas, Isabel Cañas, recolleu esta mañá o galardón da man do Conselleiro de Emprego quen destacou a aposta de Congalsa pola innovación respectando o medio ambiente a través de prácticas de produción sustentables. Na súa intervención, Cañas reivindicou o papel que deben ter as empresas para xerar un impacto positivo na sociedade con políticas que favorecen tamén o fomento da conciliación e a corresponsabilidade.

Congalsa comparte galardón co Club Celta de Vigo, premiado na categoría de mediana empresa, e Aplicacións de bombeo industrial, distinguida polo seu papel no ámbito da conciliación.