O Partido Popular ponlle deberes ao goberno municipal

PONTEVEDRA> O Partido Popular pon deberes ao novo goberno local. O portavoz do grupo municipal anunciou esta mañá en rolda de prensa as seis medidas que, segundo el, son necesarias para a cidade. Entre elas destaca a implantación do transporte público, a elaboración dun novo PXOM ou a adhesión ao Plan de Concellos Emprendedores.

Mentres o goberno municipal está aínda adaptándose á nova organización do Concello, o Partido Popular quixo adiantarse e presentar, esta mañá, seis prioridades para os vindeiros meses. Rafa Domínguez considera imprescindible cumprir cunha serie de necesidades para que a cidade avance. Entre elas, destaca a implantación do transporte público.

Entre os deberes que os populares quixéronlle por ao goberno local atópanse tamén as subvencións aos clubs deportivos, a execución dun plan de choque nos barrios e nas parroquias e a elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación do Territorio.

Como última medida, o concelleiro Pablo Fernández quixo afondar na necesidade da adhesión ao Plan de Concellos Emprendedores. Unha medida que, segundo os populares, favorecería a creación de empresas e solucionaría o problema do paro na cidade.

Para o Partido Popular estas son as seis prioridades para levar a cabo en Pontevedra nos vindeiros meses. Uns deberes que Rafa Domínguez lle pon ao novo bipartito para que se poñan en marcha antes de que remate o ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí