Sanxenxo xa ten o seu banco trans, símbolo da visibilización do colectivo

SANXENXO> Neste banco sentan orgullosas historias de superación. Aquí sentan moitas persoas que se atoparon a si mesmas, aínda que para iso tivesen que vivir unha e un cento de discriminacións, malas palabras, miradas ou desprezos. Sentan persoas que non piden privilexios, nin un trato especial, só vivir sen ser discriminadas en un país onde a lexislación tamén pense nelas.

Este é o bando trans de Sanxenxo, inaugurado hoxe, neste 28 de xuño, por mozos e mozas transexuais. Charlamos uns minutos con eles. Para eles, contemplar este banco é un gran avance, unha pequena vitoria na súa loita pola visibilización social do colectivo.

Os avances dos últimos tempos, din, son insuficientes. Piden un maior apoio por parte do Estado na defensa da diversidade sexual. A onde, polo de agora, o Estado non chega, están os colectivos sociais. Un deses grupos é Chrysallis, que presta apoio a menores transexuais e ás súas familias. Dende hai un ano viaxan por toda Galicia co seu programa de visibilización do colectivo trans.

O acto desta mañá abriuno un cuarteto de saxofón da Banda de Música de Sanxenxo. Nel tamén participaron varios concelleiros da corporación local e o rexedor sanxenxino. Telmo Martín di sentirse orgullo da paulatina visibilización do colectivo LGTBI.

O acto serviu tamén de homenaxe a Alan, un mozo barcelonés transexual que pasou moitos veráns da súa vida en Sanxanxo. Suicidouse no 2015 vítima do acoso escolar e a incomprensión dos seus compañeiros.