VILAGARCIA> Vilagarcía estreou este luns os novos cambios do tráfico rodado na contorna da Xunqueira e do Centro Comercial. As rúas Vista Alegre e Manuel Antonio mudaron o seu sentido de circulación. Este cambio débese á nova rotonda que o concello está construíndo na avenida de Cambados. As obras estanse realizando segundo o previsto e dende o concello informaron, que nin os traballos dos obreiros nin os cambios de circulación supuxeron ningún problema.
O concello de Vilagarcía está construír unha rotonda na Avenida de Cambados para mellorar a fluidez do tráfico rodado. Esta rotonda, uniría dita avenida coa de Doutor Tourón e coas rúas Vista Alegre e Fontecarmoa. A súa construción tamén suporía un risco para os ciclistas que transitaran polas ciclovías, por iso, para evitar calquera problema, o concello decidiu mudar a dirección da circulación nas rúas Vista Alegre e Manuel Antonio.
Dende o concello fixeron un traballo de difusión durante toda a semana pasada para evitar calquera tipo de problema co cambio das direccións. Incluso se enviou unha carta aos pais e nais do alumnado das Filipensas para que o tiveran en conta. A xornada transcorreu sen ningún problema.
Ao marxe dos cambios da circulación, a obra de construción da rotonda avanza segundo o previsto.
A previsión é a obra de construción da glorieta quede rematada ao longo desta semana. Posteriormente procederase a actuar na praza que linda con Doctor Tourón e finalmente melloraranse as beirarrúas, esta actuación non influirá no tráfico rodado.