O concello de Boiro busca novos modelos de xestión para a radio municipal

BOIRO> O concello de Boiro está a buscar novas fórmulas para a posta en marcha da radio municipal. O executivo realizou un importante investimento na renovación das dependencias e equipos co fin de que volva estar operativa a emisora que pechou as súas portas en 2015.

Trala renovación e posta a punto dos equipos realizáronse as probas para garantir a correcta emisión. A pesar de que xa está plenamente operativa, a radio non abrirá as súas portas ata que o concello non determine o novo modelo de funcionamento.

O alcalde informou de que se están a valorar diversas propostas, tanto a volta do equipo anterior como novas fórmulas de xestión. Avaliarase a opción máis vantaxosa tanto en termos económicos como de programación.

Por estes motivos, non hai aínda unha data para que Radio Boiro volva ás ondas aínda que dende o concello confían en que non se demore demasiado.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí