A XVI edición do Festival Revenidas caracterizarase pola solidariedade e o protagonismo das mulleres

VILAGARCIA> O festival das Revenidas de Vilagarcía presenta unha programación caracterizada pola solidariedade e o protagonismo das mulleres. O evento que terá lugar do 9 ao 11 de agosto contará con artistas de todo o mundo xunto con músicos nacionais e locais. A sardiñada popular, o circo solidario a favor dos refuxiados do Sáhara ou os concertos pola ría, son outras das actividades máis destacadas deste festival.

Do 9 ao 11 de agosto terá lugar en Vilaxoán un dos festivais máis importantes da provincia de Pontevedra. As Revenidas presenta a súa décimo sexta edición cun programa de interese internacional que mantén as súas raíces vilaxoanesas. Este ano destaca a solidariedade e a importancia da muller no festival.

Tanto a presidenta da deputación de Pontevedra como o alcalde de Vilagarcía destacaron o protagonismo das mulleres e a vinculación do festival co pobo de Vilaxoán.

En canto ao ámbito musical o festival combina artistas de ámbito internacional con músicos nacionais e da localidade.

O circo solidario a sardiñada e moitas outras actividades celebraranse para todos so público no parque de Dona Concha. A entrada ao recinto dos concertos ten un custo de 41 euros todos o evento ou 25 euros cada día.