Domingo Ayaso e Daniel Bravo, percebeiros de honra en Aguiño

RIBEIRA> Aguiño quenta motores para a Festa do Percebe que celebra este ano o seu 25 aniversario. A organización daba a coñecer esta mañá algunhas das novidades desta edición na que se repartirá preto dunha tonelada de marisco.

Ás portas da celebración da Festa do percebe de Aguiño prevista para o 28 de xullo, quedaban aínda por desvelar algunhas incógnitas en torno á edición deste ano. Entre elas, o nome dos percebeiros de honra que recaerán en Domingo Ayaso e Daniel Bravo.

Nesta data tan especial non só a degustación gastronómica cumpre 25 anos senón que  a confraría celebra tamén o seu centenario

O programa desta edición inclúe novidades como o novo prato conmemorativo que inclúe unha inscrición do 25 aniversario ou a venda de camisetas deseñadas polo estudo Maleficent Tatoo de Aguiño. Dende a confraría agardan repartir preto dunha tonelada de marisco. A ración de 375 gramos, acompañada de cachelos terá un prezo de 18 euros. Haberá tamén empanadas, polbo e churrasco.

A partir do luns xa estarán a venda tanto os tickets de percebe e bebida como as camisetas. Pódense adquirir en horario de nove a unha e de tres a cinco na sede da confraría.