A nécora e os peixes planos aumentan os prezos ata cifras só superadas no nadal

VILAGARCÍA> Os vindeiros días festivos e a demanda dos turistas elevan os prezos do pescado e do marisco a unhas cifras próximas ás de nadal. As nécoras e os pescados  planos son os que máis sufriron este incremento. Os praceiros lamentan que as vendas non son acordes aos prezos.

As prazas de abastos atópanse nestas datas cuns prezos no marisco e nalgúns pescado só superados polos do nadal. A escaseza de produto por mor do mal tempo, os vindeiros festivos e a demanda dos turistas son os motivos desta subida.

A nécora e os peixes planos son os que máis sufriron este incremento.

A pesar da subida dos prezos, os praceiros lamentan a escaseza de clientes.

Dende a praza agardan que os produtos volvan ao seu prezo normal e acabar o verán aumentando as vendas.