Asociación veciñal Fonte da Coca de Vilagarcía solicita ao concello a limitación de velocidade nas estradas do se barrio

VILAGARCIA> A Asociación Fonte da Coca de Vilagarcía pide ao concello que limite a velocidade aos 30 quilómetros por hora nas rúas Bubela e Florida. Xustifican esta petición pola alta velocidade na que circulan os coches por esas rúas e no perigo que iso supón para os veciños.

As estradas que se localizan na zona residencial do Parque da Coca non teñen sinais de limitación de velocidade. Isto provoca, segundo os veciños, que moitos vehículos circulen polas rúas Bubela e Florida a gran velocidade. Unha conducta perigosa nun barrio residencial e comercial situado preto dunha zona de esparexemento e ocio. Para evitar que xurda algunha desgraza a Asociación veciñal Fonte da Coca pide ao concello que sinalice as estradas.

Os veciños creen que moitos vehículos circulan por estas rúas para evitar a Avenida das Carolinas, unha das estradas principais de Vilagarcía.

Outra das protestas dos veciños vende dada polo abandono que asegura que sofre o circuíto de bicicletas situando entre ambas rúas. A asociación pide ao Concello que vale a zona para evitar que os coches aparquen dentro do recinto.

A asociación agarda que o concello tome as medidas oportunas na zona e que os veciños tomen conciencia e respecten a velocidade das estradas e coiden o circuíto.