Os xabaríns seguen a provocar estragos nas colleitas en Oleiros

RIBEIRA> Veciños do lugar de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros, denuncian novos ataques dos xabaríns ás súas colleitas, especialmente de millo. Os estragos que provocan estes animais nas súas fincas son importantes, polo que piden solucións a estes problemas.

Din estar xa cansos do estragos que os xabaríns están a facer nas súas leiras. Non é a primeira vez que se producen, aínda que nas últimas semanas foron a máis destrozando boa parte do millo plantado.

A instalación de peches ó terreo coa fin de impedir o paso do xabaríns tampouco é solución.

Ó parecer non é un caso aillado na zona. Segundo explicaron, máis veciños perderon parte das súas colleitas polos ataques destes animais.

Ademais as denuncias presentadas ante as consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente tampouco surten o efecto agardado. Moita tramitación e escasas axudas, que apenas dan para cubrir os gastos.