Servizos Sociais e Reactivación Económica centran as emendas do BNG ós orzamentos da Xunta

BARBANZA> Sanidade, servizos sociais e reactivación económica compoñen os eixos principais das emendas presentadas polo BNG do Barbanza ós orzamentos da Xunta. Destacan, entre outras partidas, a reserva de dous millóns de euros para a creación dunha nova planta no Hospital do Barbanza ou os investimentos destinados á recuperación da produción marisqueira.

Off

As emendas presentadas polo BNG do Barbanza ós orzamentos autonómicos distribúense en dous bloques. O primeiro destinado ó gasto social propón partidas específicas no plan de continxencia sanitaria como a reserva de dous millóns de euros para a nova planta do hospital do Barbanza ou unha partida dun millón para o acondicionamento do centro de saúde da Pobra. Tamén botan en falla investimentos para os proxectos de residencias da terceira idade en Ribeira ou o equipamento do centro de día de Rianxo.

Inserto

No que respecta ó segundo bloque, de reactivación económica, os nacionalistas propoñen unha partida de dous millóns para o proxecto de produción de sementa autóctona na ría. O mesmo investimento para o plan de recuperacións dos bancos de libre marisqueo, contribuíndo así á revitalización dun dos sectores clave na comarca.

Refírese, entre outras, a unha serie de melloras nos portos de Ribeira, Aguiño, Palmeira e Corrubedo e o estudo de apertura de correntes no peirao comercial da Pobra.