A Feira Franca pecha, por todo o alto, a programación festiva de verán

PONTEVEDRA> A pesares de este suceso, o goberno municipal fixo esta mañá un balance moi positivo da Feira Franca. A concelleira de Festas, Carme da Silva, asegurou que este ano superáronse todos os récords de participación. Ademais, segundo a edil nacionalista tampouco se rexistraron incidencias significativas durante a xornada festiva.

Éxito de participación na vixésima edición da Feira Franca. A concelleira Carme da Silva, valorou positivamente esta mañá a celebración desta tradicional festa. Unha xornada con gran ambiente festivo e que rematou sen incidencias significativas.

Segundo informou o goberno local, o dispositivo de seguridade, formado pola Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella funcionou á perfección. O dispositivo municipal non contabilizou graves incidencias pero si rexistrou, por exemplo, 14 lipotimias, 14 cortes e feridas, 2 hemorraxias, 5 contusións, 1 intoxicación e 1 agresión. Ademais, houbo 8 traslados a centros sanitarios e 3 menores extraviados. Con este balance, o Concello asegura que fará un análise exhaustivo de todo o acontecido para poder mellorar nos vindeiros anos.

Co obxectivo de mellorar e de ampliar a programación, Carme da Silva anunciou tamén esta mañá que dende o Concello están xa a traballar nas festas do ano que ven.

Ao longo de todo o verán, son moitos os hostaleiros que conseguen, incluso, triplicar a súa facturación. Por iso, e coa intención de coñecer a verdadeira repercusión que estas festas teñen tanto no comercio como na hostalería local, a edil nacionalista asegurou hoxe que o Concello fará un estudo proximamente do retorno económico que xeran estas actividades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí