O Auditorio Afundación acollerá un coloquio sobre a Explotación Sexual e a Trata de Persoas

PONTEVEDRA>  O Concello estreará este venres, no auditorio da sede de Afundación en Pontevedra, o documental “El Proxeneta”. Esta proxección está enmarcada dentro da celebración do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, que se celebrará, como cada ano, o 23 de setembro. Co obxectivo de concienciar á cidadanía neste asunto, o goberno municipal levará a cabo tamén un coloquio coa directora do filme, Mabel Lozano.

O 23 de setembro celébrase o Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas. Co obxectivo de dar visibilidade e de concienciar a cidadanía neste asunto, o Concello estreará este venres o documental “El Proxeneta”. Un filme de Mabel Lozano.

Tras a proxección do documental, o goberno municipal, xunto co Colectivo Feminista de Pontevedra, celebrará un coloquio no que se falará do negocio que hai detrás da prostitución. No debate tamén participará a directora do filme, Mabel Lozano, así como a presidenta da Deputación.

A cita será o venres a partires dás 20:00 horas no Auditorio Afundación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí