Volven as Festas da Guadalupe e con elas o Rock In Rian

RIANXO> Presentáronse en Rianxo as tradicionais Festas da Guadalupe, nas que tamén terá cabida o festival Rock in Rian. Comezan este mesmo venres e durante oito días a vila rianxeira estará ateigada de veciños e curiosos.

A Rianxeira forma parte da cultura galega, e a partires deste venres volverá a soar con forza en Rianxo. Chegan as Festas da Guadalupe e, con elas, troula e tradición. Unha tradición que ven marcada pola esperada procesión marítima, que terá lugar no domingo.

Serán oito días de festa nos que haberá actividades para tódolos públicos e para os que o executivo de Rianxo elaborou un amplo operativo de seguridade. Os festexos comezarán o vindeiro venres 13 co tradicional ‘Chupitaso’. Xa no sábado, o Unión Futbol club será o encargado de facer o pregón. Unha programación que rematará o venres 20, o ritma da canción máis esperada.

E enmarcado nas festividades da Guadalupe, chega a XII edición do festival Rock in Rian.

Terá lugar o sábado 14, e durante todo o día poderase gozar de pasarrúas, concertos itinerantes e pasabares. Xa pola noite, comezarán os concertos de Reincidentes, Dios Ke Te Crew, Ebri Knigth, Festicultores e La Duendeneta. Tamén haberá unha caravana morada.

Desta forma Rianxo prepárase para dar comezo as festas máis esperadas do ano.