PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo asinaron esta mañá o convenio pola cesión das tres plantas do Edificio Azul de Benito Corbal. Nese espazo, a universidade desenvolverá o seu programa de Campus Crea, polo menos, durante os vindeiros 20 anos. Pero antes, a administración autonómica deberá realizar as obras de acondicionamento. Unhas obras que suporán unha inversión de case un millón de euros.
Con esta sinatura, o vicepresidente da Xunta de Galicia e o reitor da Universidade de Vigo formalizaron esta mañá o convenio da cesión das tres plantas do Edificio Azul de Benito Corbal. Tres plantas, a 5ª, a 6ª e a 7ª, nas que a institución universitaria desenvolverá o seu programa Campus Crea. O fará durante 20 anos prorrogables. Pero antes de ocupar estes espazos, a Xunta deberá levar a cabo as obras de acondicionamento pertinentes. Uns traballos que suporán unha inversión próxima ao millón de euros, dos cales a Universidade deberá aportar 350.000.
Con esta cesión, a Universidade conseguirá ter máis presenza na cidade e o campus pasará a ser un actor relevante na sociedade pontevedresa.
O reitor da Universidade asegurou esta mañá que o campus pontevedrés está traballando arreo de cara ó futuro. Ademais do grao en Deseño e Creación, o cal entrará en funcionamento no curso 2020-2021, Manuel Reigosa asegurou que nos vindeiros anos queren traer novas titulacións a Pontevedra.
Unha negociación longa e na que se apostará tamén por captar estudantes internacionais.